Avisar sobre conteúdo inadequado

Lucia Aldao connosco (Luns 20 de Xaneiro 2020)

{
}

 1)

Eu ó teu país fun brillar

e soltáchesme a noite para que me trabase.

Sobráronme campos de maínzo que atravesar radiante

mentres fuxía do animal esvelto da túa ansia.

Nunca queda claro se correr é de valentes

ou de covardes

ea min non me incomoda este verso,

gústame

Gústame como ti ti gustan outras cousas que eu non tolero.

Todo o que desbasto para volar máis prudente:

"hai xente á que lle debe debe debe resultar tremendamente atractivo a displicencia"

Todo o que afío para remontarse más inflexible aínda:

"Non deberías conformadas con este sucedáneo de historia importante"

 

Demonízame agora, agora si.

Pero aclaremos

que roubar di máis da persoa que da súa necesidade.

Pensa que gran parte dos libros que lemos

sobreviven tan só a unha lectura.

A estas alturas poderías ter asumido que todo importaba una metada porque yo caloría,

que se nos foron das mans como mans e fixemos do estómago un after.

Ese querer verboso.

Aquel posgrao en falsidade.

Droga por nós,

que a unha illa deserta levaríamos un xesto.

Droga por nós,

que non se pon o sol nas nosas bocas.

Una frase "dime algo que eu non saiba",

sorna fóra,

é agora a miña petición máis firme.

Ponlle nome ti a todo o que non pagou a pena,

atrévete a facer da palabra

líquido de contraste.

Droga por nós,

que no aguantou o noso amor a luz do día.

 

   TAGS: indefinido

 Lucía Aldao

 Nacín en febreiro do 82. Son do barrio coruñés dos Mallos. Manteño unha relación moi estreita coa palabra desde sempre, ben sexa coa palabra escrita, lida, falada ou cantada. Poucas cousas fixen na vida que no estivesen relacionadas con ela. 

Traballo profesionalmente en poesía escénica desde 2005 coa tamén poeta María Lado. Xuntas somos aldaolado. Creamos espectáculos de poesía que adornamos con humor y música y cos que xiramos continuamente polos escenarios máis variados. Vivimos da oralidade. 
Todo isto antes era noite é o primeiro libro individual que publico. Sin foi sen tempo. 

 

{
}
{
}

Deixe seu comentário Lucia Aldao connosco (Luns 20 de Xaneiro 2020)

Entra em OboLog, ou cria seu blog grátis se você ainda não esta cadastrado.

User avatar Your name

Os comentários neste blog são moderados. Estes podem não ser publicados até que tenham sido aprovados pelo autor do blog.